6 de decembro

que ten a cidadanía crítica do noso país, e xa que logo, todas as mulleres e homes de Esquerda Unida afirman o seu compromiso para construíren un novo proceso constituínte que respecte e amplie os dereitos acadados na Constitución do 78.

Yolanda Díaz, coordenadora nacional de Esquerda Unida, denuncia a hipocrisía daqueles que celebran unha Constitución á que logo vulneran de cotío. Xa que logo, Esquerda Unida imparte a seguinte directriz aos seus cargos públicos e  órganos sectoriais e territoriais: non se participará nas celebracións oficiais de conmemoración da Constitución, agás que nelas fagamos notar a vulneración dela e a urxencia, xusteza e necesariedade de construírmos un novo proceso constituínte.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta que a democracia participativa é a ferramenta para acadar o necesario empoderamento social da cidadanía traballadora para construírmos un novo espazo de dereitos e liberdades individuais e colectivas, a República Federal. Somentes este marco político pode garantir, ao abeiro da mobilización popular, os dereitos económicos, sociais e culturais do noso pobo e afirmar o dereito de autodeterminación do pobo galego e do conxunto dos pobos e comunidades do Estado.

 

 

Relacionados