Obra magna en Ferrol

O Partido Popular e o Alcalde Rey Varela rematan o vodevil da praza de España tal e como o comezaron o mentor político do señor Rey e o seu compañeiro Vilariño cando o da performane do  pico e a pala: con un espectáculo lamentable e bochornoso.

En primeiro lugar é lamentable todo o conxunto de decisións tomadas para chegar a un malgasto dun millón de euros. Neste punto non imos insistir máis xa que abonda co moito que xa se dixo no seu momento e os ouvidos xordos dos nosos gobernantes, insensibles ao sufrimento da xente do común e extraordinariamente atentos a cumprir con supostos mandados e compromisos electorais que , no fondo, son actuacións dun programa  impregnado de revanchismo político.

En segundo lugar é lamentable que o propio Alcalde inaugure o laberinto da praza aludindo a unha rocanbolesca comparativa coa situación de hai doce anos. O laberinto inaugurado metésuselle nos miolos e agora temos un laberinto mental  do señor Rey. Non señor Rey, a cuestión é se había ou non que investir en cousas como levantar o chan recén feito e volver a poñer outro modelo, se había que retirar un xardín e deseñar e poñer outro, se había que defender ou non disparates como o de que non hai prazas sen árbores etc. vostede ten  que asumir que procedeu de maneira aloucada a executar compromisos sen sentido en virtude de argumentos irracionais É, amodo de exemplo, o disparate seguinte: non me gusta a praza de Armas e arrecende a estética franquista ergo levanto o chan da praza e póñoo novo, “de vermello- Ferrol” a poder ser. Adubío todo co discurso dos postos de traballo, investimentos, plan de barrios e demais e asunto concluído. Pero a cidadania non está para estas bromas. Nin para estas nin para ningunha outra. É literalmente impresentable a súa actitude, politicamente cobarde, de non asumir as súas propias decisións e inaugurar a súa magna obra pola porta de atrás, con disimulo e con declaracións infumables. Un auténtico laberinto mental.

Porque, e en terceiro lugar, a obra é un atentado ao bon gusto. Sen dúbida o peor proxecto de todos os posibles. Esquerda Unida sempre foi respetuosa como organización cos profesionais que presentaban as súas propostas e ofertas pero hai que dicilo, agora xa ,unha vez concluídas: é tecnicamente un bodrio e estéticamente horrible ;dá arrepíos e é un atentado ao gusto.Nin é praza, nin é xardín nin hai concepto regulativo que recolla o feixe de impresións de tal cuadro:unha mistura kitsch que só con bo humor ferrolano conseguiremos dixerir. Bo nadal, señor Alcalde. Parabéns, señor Evia. Debeulles quedar a cabeza aliviada.

Relacionados