Resultados do referendo EU

 

As asembleas convocadas en todas as comarcas, tiveron un amplo debate e participación sobre o documento marco que EU está a elaborar para compartir e levar a debate ante a cidadanía de cara ás eleccións europeas. Dende Esquerda Unida, temos a vontade de elaborar de xeito colectivo e horizontal o programa co que nos queremos presentar ás europeas. Ante o convencemento de que a alternativa da esquerda transformadora é posible e que sen participación non hai democracia, estamos certos de que a elaboración programática debe ser unha achega da cidadanía e dos movementos e colectivos sociais comprometidos polo cambio social.

Con respecto ao referendo, o 63% da militancia de Esquerda Unida elixiu a dúas persoas das 13 presentadas a dito proceso. Destas 13 persoas, 7 foron homes e 6 mulleres das cales 7 eran mozos e mozas menores de 30 anos.

Aínda que as sedes de EU estiveron abertas durante toda a xornada do luns, o proceso de elección rematou preto das 12h noite, as persoas máis votadas foron Xosé Luís Outes co 34,70% dos votos e Saínza Ruíz con case o 18%.

Xosé Luís Outes (Vigo 1943, xublilado), catedrático de Teoría económica da universidade de Vigo, un dos referentes fundamentais dos estudos económicos en Galicia sobre Banca Pública e Dinámica económica. Foi un dos economistas de Esquerda Unida activos nos anos 90 contra o acordo de Maastrich e as políticas económicas do BCE.

Saínza Ruíz (Ferrol 1990) moza de Ferrol, diplomada en Fisioterapia pola universidade da Coruña onde realiza o posgrao de especialización. É a coordinadora da área de sanidade local de Ferrol.

Dende Esquerda Unida agradecemos a participación da militancia e das compañeiras e compañeiros que manifestaron a súa vontade de levar a voz do pobo a esta Europa e mudar as súas políticas antisociais que nos condean á miseria.

Relacionados