A Coruña di non á guerra

A concentración desenvolvida na Coruña en contra da intervención militar en Libia contou coa presenza de Esquerda Unida e BNG, o que viño a escenificar a votación no Congreso dos Deputados onde ambas as dúas organizacións políticas votaron non á guerra!

Esquerda Unida considera que existen outras formas de resolver o conflito, polo que propón outro tipo de medidas para presionar ao réxime do ditador libio como o bloqueo das súas contas bancarias, o embargo de armas ou o seu illamento político, medidas que xa se mostraron eficientes noutros conflitos como en Sudafrica.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, animou á cidadanía a rexeitar con rotundidade unha guerra que baixo o pretexto da defensa dos dereitos humanos, atende a intereses geoextratéxicos.

Relacionados