Unha proposta, que, por exemplo, xa se está a piques de realizar na provincia de Girona e é unha realidade en distintos aeroportos, é a de instalar desfibriladores na rúa, de fácil manexo para calquera persoa, e que poden contribuír a salvar vidas o permitir que se poida actuar sobre o corazón na maior brevidade posible.
EU Compostela considera que o Concello debe contar coa participación das institucións médicas do municipio, abrindo o debate participativo pertinente co fin de acadar as solucións necesarias que permitan acometer actuacións eficaces e eficientes, dende a búsqueda dos mellores lugares para ubicalos até que tipo de desfibrilador é o máis idóneo.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Acometer as dilixencias e debate participativo pertinentes para a instalación de desfibriladores nas rúas de Santiago
Segundo.- Instar a Xunta a realizar as medidas necesaria para que este proxecto se poida levar a cabo en toda Galicia