A demagoxia do alcalde

 

 

Por iso, Esquerda Unida considera demagóxico que o alcalde coruñés se atribuía como un éxito de xestión as achegas económicas do estado para a nosa cidade, cando en realidade son débedas históricas para coa nosa cidade. Por tanto a “choiva de millóns” da que fala o alcalde non son o resultado dun éxito de xestión do Goberno municipal, senón máis ben a constatación da mala xestión desenvolvida durante anos de goberno, pois a meirande parte das actuacións levan anos de atraso. Neste sentido resulta abraiante como o alcalde poida sacar peito pola Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), cando debido a ineficacia administrativa, o atraso na posta en funcionamento do EDAR coruñés supón o incumprimento da directiva marco da auga e a Comisión Europea ten aberto un proceso sancionador, como se indica na resposta dada pola Comisión en relación a unha interpelación presentada polo eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, a proposta do Consello Comarcal de EU Coruña e o Consello Local de EU Cambre.  

 

Esquerda Unida lembra que parte dos recursos achegados a bisbarra coruñesa, non estaban nos orzamentos iniciais e son froito das emendas desenvolvidas por outros grupos políticos como Esquerda unida, entre as enmendas desenvolivdas por EU destaca unha para a recuperación da partida para a rexeneración integral da ría do Burgo, que foi aceptada polo Goberno central. Outras dous emendas, incidían na necesidade de incrementar os fondos para o desenvolvemento da terceira rolda por un importe total de 41,17 millóns de euros. Así, solicitábase que se duplicasen os fondos para o enlace entre Lonzas e A Zapateira, e dicir, un incremento de 8,6 millóns e o remate do tramo A Zapateira-A6 que suporía un investimento adicional de 8,36 millón de euros.  O Goberno incrementou en seis millóns a primeira actuación pero non atendeu a nosa segunda demanda.

 

Por outra banda, o Consello Comarcal de EU Coruña considera inaceptábel que o alcalde coruñés teña a ousadía de reprochar a veciñanza as súas queixas polo deseño e desenvolvemento das obras na cidade. Todos os coruñeses somos conscientes da necesidade de mellorar a nosa cidade, e sabemos perfectamente que as “instalacións non caen do ceo” como afirma o alcalde, pero somos moitos os que criticamos o deseño e a organización que desde o concello se está a levar a cabo.

 

Esquerda Unida considera que son moitas as eivas no desenvolvemento das obras na Coruña debido a falta de organización e a ineficacia con que o concello as leva a cabo. Son múltiples os casos nos que as rúas se pechan para desenvolver unha actuación e ao pouco tempo de estar abertas vólvense a pechar para executar outra actuación, e obvio que este tipo de actuacións, ademais de supoñer un gasto innecesario de recursos, supoñen graves molestias para a cidadanía, xa que logo, é lóxico que existan queixas. Algo que parece non lle gusta ao alcalde quen con este tipo de afirmación semella considerarse por riba do resto dos cidadáns e amosa pouco espírito democrático ao non aceptar as críticas.

Relacionados