_hospital.jpg - 27.52 Kb

Pregunta uso antigo Hospital

 

Como xa reflectimos con anterioridade, o Consello Comarcal de EU Compostela  considera que tanto o anterior equipo de goberno como o actual está a perder a oportunidade coas antigas instalacións do Hospital Xeral en Galeras de realizar os esforzos necesarios para utilizalas para o beneficio da cidadanía, e non proseguir coa deriva especulativa do ladrillo que se lle está a dar a estes terreos.

 

Dado que os terreos son propiedade da USC, consideramos que o actual equipo de goberno debe levar a cabo as xestións pertinentes para colaborar con esta institución e, co apoio da Xunta se fora necesario, empregar esta instalación para algún dos servizos que a cidadanía reclama, propoñendo dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida o seu uso como residencia universitaria, de titularidade e xestión pública.

 

Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

 

1)    Ten previsto o Concello de Santiago levar a cabo as xestións pertinentes para colaborar coa USC na conversión do antigo hospital nunha residencia universitaria?

 

2)    Ten previsto o Concello algunha outra utilidade pública (residencia para maiores…) para estas instalacións?

 

3)    Permitirá o Concello que se utilicen estes terreos unicamente para actuacións urbanísticas privadas?

Relacionados