A estafa do plan madruga

 

Esquerda Unida cualifica como autentica estafa o prezo que se estaba cobrando as familias un total de 27 €/mes por neno, sen descontos a un segundo familiar e sin poder acollerse a metade da cota si so se utilizaba quincenalmente, esta tarifa foi aprobada no seu día no pleno.

 

Agora resulta que unha Anpa pon en evidencia o que Esquerda Unida había denunciado, xa que a mesma empresa noutros centros concertados aplicaba tarifas de 26 euros.(achegamos formulario)

 

Dita Anpa levou esta semana o Consello Escolar do Centro Público unha proposta de xestión propia, xa que presentaban enriba da mesa un presuposto con outra empresa do sector por valor de 20 €/mes neno e cunha bonificación de 1 euro no segundo da familia, quedando 1 neno 20 €/mes, 2 ou mais nenos da mesma familia 19 €/mes, e con tarifa de días soltos de 2,50 €/día.

 

Ante esta proposta o Consello Escolar decidía pedir explicacións os representantes do concello o Sr. San Pedro (PP)  e Sr Talavera (candidato de ACIP e traballador do concello), para que explicase tal demasía tarifaría, estes dous ata entón víñase escudando que o concello había acado un acordo coa empresa actual cun xustiprezo.

 

O concellal publicamente anuncia a bombo e platillo a baixa da tarifa, sin dicir toda a verdade, que unhas horas antes cun presuposto o poñían o descuberto unha autentica estafa.

 

Esquerda Unida agora preguntase como é posible que o concello non vixiase os petos das familias, xa que a tarifa tiña un sobreprezo de 7 e 8 €/mes, e comparando coa oferta do colexio concertado 6 e 7 €/mes mais.

 

Esquerda Unida denuncia que dita actuación non se levou a concurso, coa escusa de non superar os 18.000 euros, quedando claro que a concesión foi a DEDO.

 

Esquerda Unida denuncia a dobre cara do PP, por un lado gasta miles de euros de fondos públicos dicíndolle os cidadáns que merquen no pequeno comercio local e logo por outro lado contrata a DEDO empresas con domicilio social en VIGO E CORUÑA, en vez de buscar no propio concello de Ponteareas.

 

Esquerda Unida esíxelle o concello que se devolvan as familias a diferencia pagada nestes anos transcorridos de forma inmediata.

Relacionados