Mais o Goberno municipal no está a atender as inquedanzas da veciñanza, sen políticas activas de emprego nin plans económicos locais, como pódese observarse nas ordenanzas fiscais ou nos orzamentos, aprobados inicialmente ambos co voto en contra de EU-V.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que en cinco meses, dende que o PP comezou a gobernar en María Pita o paro creceu un 8,23% na cidade ata chegar ás actuais 21.646 persoas desempregadas, así no mes de novembro as listas do paro na cidade incrementáronse en 785 persoas. Si a situación é de extrema gravidade en si, mais o é cando observamos que A Coruña que debería ser o motor da reactivación económica da bisbarra, lonxe de selo, ten maior porcentaxe de persoas desempregadas que a media da comarca, cun 8,10% e da provincia cun 7,60%.
Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a desenvolver un plan de emprego e desenvolvemento económico local para xerar emprego. Baseado no apoio ao tecido produtivo a través de axudas a PEME, autónomos e cooperativas e no fortalecemento dos sectores máis castigados nos últimos 5 meses: servizos cun 9,01% e industria cun 6,86%.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a inacción do Goberno local en materia económica para loitar contra o desemprego reflíctese con claridade nos datos do paro”.
César Santiso, que brindou o apoio do grupo municipal de EU-V para reverter esta situación, subliñou “é unha magoa nin PSOE nin PP aprendan nada da crise, temos que cambiar o modelo produtivo axiña para axudar as nosas empresas a ser máis competivas. Porén as poucas políticas encamiñadas a reactivar a economía local do Goberno coruñés son erróneas, malgástanse os recursos municipais en investir en infraestruturas innecesarias e pouco rendíbeis en termos de creación de emprego, como os tres millóns para soterrar o tráfico, en lugar de apostar polos sectores mais castigados como servizos e industria que acumulan entre ambos 16.500 persoas desempregadas, sete veces máis que as 2500 do sector da construción, que incrementou o desemprego en menos dun 5% nos últimos cinco meses fronte a media de mais do 8%”.