A senadora Vanessa Angustia viaxa a Malta para axudar a buscar unha solución á situación das persoas migrantes que se atopan no barco ‘Lifeline’

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, viaxou ata Malta esta semana para axudar e buscar unha solución á grave situación das 234 migrantes que se atopan no barco ‘Lifeline’ e que precisan chegar a porto seguro. A súa intención é contribuír e achegar todo o traballo posible para axudar a resolver este novo drama humano para centenares de persoas e nenos e nenas que levan tres días á deriva nun barco que está ao quíntuplo da súa capacidade e que carece de autorización para atracar.

Nada máis chegar, Vanessa Angustia explica neste vídeo como están a vivir 234 persoas rescatadas do mar polo ‘Lifeline’ e como agardan, con risco das súas vidas, ante as nosas costas. “Mentres os gobernos de Malta e Italia pásanse a pelota, a vida destas 234 persoas está en perigo e o barco de rescate xa leva tres días á deriva”.

Unha vez que rematou a visita, Vanessa Angustia, advirtiu neste vídeo de que a situación a bordo do buque de rescate ‘Lifeline’ faise “insostible”, á vez que alerta de que o empeoramento do tempo previsto para estes días na zona do Mediterráneo podría poñer ás persoas e nenas e nenos que están no barco en risco.

Por último, a senadora Angustia explica que “as persoas rescatas teñen pavor polo seu futuro”. Non teñen nada claro non só canto tempo van estar obrigadas a permanecer no barco, senón que descoñecen e non se lles dá ningunha garantía sobre o país ao que poden ser conducidas.

 

Relacionados