Yolanda Díaz, na Comisión do Pacto de Toledo: “Está claro que as pensións baixas teñen faciana de muller”

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, interviu esta mañá na Comisión do Pacto de Toledo, na exposición da directora de Economía do Círculo de Empresarios, para falar da fenda de xénero dunhas pensións baixas que, ao seu xuízo “teñen faciana de muller”.

“As mulleres somos as sustentadoras das pensións máis baixas, en peores condicións, tanto no sesgo contributivo como no non contributivo. As pensións máis baixas teñen rostro de muller. Cal sería a súa proposta para abordar esta desigualdade?”, preguntou a deputada, que tamén incidiu no complemento de maternidade. “Qué medidas propón para abordar o fallido denominado complemento de maternidade? e que propón para avanzar cara unha sociedade corresponsable e non desigual?”, sinalou.

“O traballo a tempo parcial está totalmente feminizado. As mulleres non queremos traballar a tempo parcial, pero son as condicións de acceso que nos impoñen, polo que temos un traballo parcial feminizado no que teríamos que cotizar 100 anos para acceder a unha mínima pensión. Respecto a este, que medidas propón para non provocar discriminacións en protección ao desemprego e pensións públicas?”, preguntou.

Ver a intervención dende aquí

 

Relacionados