Esquerda Unida reclama que a consellaría de educación cumpra coa integridade das cantidades previstas inicialmente para as practicas da formación de ciclos en centros de traballo
A xustificación da crise non serve neste caso, xa que, precisamente, moitas das persoas que se ven afectadas, pertencen a familias que viven inmersas na crise sistémica do capital. Privalas dun diñeiro necesario en moitos dos casos é contribuir en afortalar a crise que padecen estas familias.
Moitos destes alumnos e alumnas tiveron que facer até 4 desprazamentos diarios desde o seu fogar até o centro onde realizaban as prácticas, un gasto que, de seguro, supera o 5 euros que figuraban como compensación.
Por iso, máis aló das “trampas” legais que se establecen no propio DOG para evitar o pago dos 5 euros cotiáns, desde esta secretaría de Movementos Sociais esiximos que a Consellaría de Educación rectifique e proceda a facer o ingreso íntegro das compensacións inicialmente previstas.