O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que presentou 10 iniciativas plenarias relacionadas coa inseguridade viaria da zona emanadas nas dúas asembleas de barrio desenvolvidas no Birloque. A parte das rúas onde se produciron os accidentes onte, alertamos do déficit en mobilidade de peóns na rúa Ferrol, nas Avdas. de Salgado Torres, Glasgow, San Cristovo das Viñas e o cruzamento destas dúas últimas, así como nas estradas A Baña-Someso, As Rañas e Someso-Universidade.
As eivas denunciadas e que pretendemos que o Concello resolva, centrábanse na falta de beirarrúas, pasos de peóns, sinais viarias, valados de protección de terrapléns, badéns, límites de velocidade ou beirarrúas e estradas sen limpar con barro e maleza.
Tamén denunciamos deficiencias na situación da sinalización en moitos pasos de peóns no barrio do Birloque pasos de peóns que están situados en curvas en pendente ou que reducen a visibilidade dos condutores, aumentando o risco dos peóns que os utilizan, a existencia de sinais no medio do acceso ao paso de peóns complicando o acceso. Asemade solicitamos a ampliación dalgunhas das calzadas e a restricción da velocidade noutras.
Esquerda unida considera que si o goberno municipal continua sen actuar terá parte de responsabilidade nos accidentes que se produzan, pois a día de hoxe, a pesares de que recoñeceu as eivas e mostrou vontade de actuación diante das cinco iniciativas da primeira asemblea de barrio (das outras cinco recibiremos resposta antes do pleno do luns 9 de xullo), aínda non actuou.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estes accidentes puidéronse evitar, desgrazadamente levamos dende o mes de febreiro denunciando os perigos para os peóns no Birloque, sen que o goberno actuase dende entón, cando falamos de seguridade da cidadanía e incluso de salvar vidas humanas, tanto á veciñanza como a nós, non nos chega desculpas do tipo competencial entre institucións, ou que as actuacións están pendentes de estudo, de informes técnicos ou de orzamentos, porque xa paso medio ano dende que empezamos a denunciar estas situacións.