A chamada agroindustria incrementa a especulación nos prezos dos alimentos e a concentración de terras, recursos agrícolas e alimentarios en moi poucas máns e empobrece aos pequenos produtores. Ademáis, é intensiva na utilización de auga, enerxía, fertilizantes e agroquímicos, provocando un gran aumento dos gases de efecto invernadeiro.
Pola contra, debemos ir cara un modelo de agricultura local e ecolóxica, fuxindo da especulación e control por parte das grandes empresas do sector alimentario. Este modelo de agricultura local e ecolóxica, emite moita menos cantidade de GEI e mesmo pode facer da agricultura un sumideiro de carbono que contribúa a frear o cambio climático. Ademáis é unha potencial saída laboral para os desempregados ao mesmo tempo que contribúe á calidade e á seguridade alimentaria.
O vindeiro 9 de abril faremos dous foros sobre agroecoloxía e consumo responsable. Un terá lugar en Vigo ás 11:30 da mañán na Sala de Conferencias do Centro Cultural de Novacaixagalicia -Teatro García Barbón- (Policarpo San 13) e o outro será pola tarde en Ponteareas ás 18:00h en Casa Lola (Rincón da Praza Vella s/n).
Intervirán:
Sira Rego. Concelleira de IU en Rivas Vaciamadrid, responsable dun plan municipal de cultivo e comercio local.
Belén Fervenza. Membro do Sindicato Labrego Galego e productora de agricultura ecolóxica.
Manuel Garrido. Compañeiro de EU de Vigo e membro da cooperativa de consumo responsable Árbore.
Posteriormente ás suas intervencións faremos unha charla sobre o tema.
VIGO, 11:30h
Centro Cultural Novacaixagalicia
Policarpo Sanz Nº13
(Teatro García Barbón)
PONTEAREAS, 18:00h
Casa Lola
Rincón da Praza Vella s/n