non a guerra.jpg - 8.28 Kb

A guerra en terra tamén mata no mar

 

 

Damos vergoña. Xogamos cos Dereitos Humanos aos que convertemos en carta de negociación, cando convén, e, cando non, quedan esnaquizados nos centros de internamento espallados nas marxes da Europa-Mercado-Fortaleza, nas fronteiras cheas de muros e valos, nas rúas dunha Lampedusa sobresaturada, ou directamente morren no fondo do mar. E todo avalado polo racismo institucional, que avala con leis restritivas e antipersoas, todo o que acontece. Tratamos ás persoas como se fosen mercadorías. Damos vergoña.

 

Os belicistas afirman defender aos civís en Libia ou en canto conflito se introduzan. Mais, cando eses mesmos civís agardan que os belicistas lle ofrezan asilo político o único que reciben é un silencio que mata.

 

Máis de 430.000 persoas escaparon do inferno libio, e máis que haberá, entre eles moitas persoas doutras nacionalidades retidas pola política de fronteira sur que Europa tiña con Libia.

 

Estas persoas agora, despois de meses de interrupción da viaxe cara a unha nova oportunidade, deciden seguir esa viaxe. E xa sabemos con que tráxicas consecuencias e tamén cal é o trato que se lle brinda. Desde que os belicistas declararon a “guerra humanitaria” –vaia invento de palabra- morreron no mar 519 persoas –as recoñecidas oficialmente-, isto é un total de 25 por día.

 

A guerra en terra tamén mata no mar.

 

Os pobos de Galicia, España e Europa debemos loitar por unha nova orde económica e social, máis xusta. Esquerda Unida é o que quere. O capitalismo só sabe perpetuarse matando seres humanos.

 

Relacionados