O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella un escándalo que Amancio Ortega, Castellanos ou os exalcaldes Francisco Vázquez e Javier Losada poidan beneficiarse das mesmas axudas que as familias traballadoras. Mentres o PP recorta en servizos básicos para a cidadanía, negreira propón café para todos nas axudas a conta de debilitar outros servizos prioritarios”. Na zona PEPRI conviven moitos pensionistas e familias con necesidades económicas xunto a persoas con grandes capacidades económicas, polo que non ten sentido ofertar axudas planas para todos e todas.
Esquerda unida propón que as axudas para pintar as fachadas dos edificios sexan en función da renda da unidade familiar. A equidade aparece como un principio reitor na propia constitución, semella lóxico que os poderes públicos avancen na dita equidade nas súas políticas. Este praxe política faise moita más necesaria nestes momentos de emerxencia social. Xa que logo propoñemos incrementar o montante máximo da subvención por edificio até cubrir o 95% das obras, así como as contías das axudas pasando dun máximo de 4000 € a 5000 € por vivenda. Este incremento pretende outorgar maiores axudas aos que máis as necesitan a conta de reducilas a reducilas aos máis podentes, polo que non suporá unha maior custe para as arcas municipais.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta alegacións a ordenanza de subvencións para mellora da imaxe urbana no ámbito do PEPRI para que sexa máis transparente e socialmente xusta mediante axudas progresivas en función da capacidade económica. Concretamente propoñemos a substitución do apartado a) do artigo 9 polo seguinte texto:
Para obras de pintura de fachadas e reparacións en fachadas necesarias para a mesma, até un máximo do 95% do custe das obras incluíndo honorarios técnicos, taxas e impostos. A subvención total atribuída ao inmoble non poderá superar o importe que resulte de multiplicar 5000 € polo número de beneficiarios da mesma. Si o edificio non albergara vivendas a subvención máxima non poderá exceder os 5000 €.
O reparto da subvención entre as vivendas farase en función da capacidade económica da unidade familiar, non podendo superar:
– Os 5.000 € para rendas de unidade familiar inferior ao 100% do IPREM
– Os 4.500 € para rendas de unidade familiar entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM
– Os 4.000 € para rendas de unidade familiar entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM
– Os 3.500 € para rendas de unidade familiar entre o 150% e inferior ao 175% do IPREM
– Os 3.000 € para rendas de unidade familiar entre o 175% e inferior ao 200% do IPREM
– Os 2.500 € para rendas de unidade familiar entre o 200% e inferior ao 225% do IPREM
– Os 2.000 € para rendas de unidade familiar entre o 225% e inferior ao 250% do IPREM
– Os 1.500 € para rendas de unidade familiar entre o 250% e inferior ao 275% do IPREM
– Os 1.000 € para rendas de unidade familiar entre o 275% e inferior ao 300% do IPREM
– Os 500 € para rendas de unidade familiar de 300% do IPREM e superiores
En relación á transparencia propoñemos a incorporación do punto 5 e 6 do artigo 11 da publicación das listas de admitidos e denegados na páxina web do concello, ademais de facelo no taboleiro de anuncios.