Sentenza rúa Armórica

 

O mesmo artigo engade a continuación que “a comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos”. 

Esta sentencia xudicial (outra máis) confirma que toda a acción do goberno municipal en materia de urbanismo está, e estivo orientada, a satisfacer os intereses particulares de determinados construtores. Polo tanto, proba que o goberno municipal, co seu alcalde á cabeza, hai moito tempo que se puxo de costas á cidadanía e ao interese xeral. Os tribunais están confirmando a arbitrariedade do alcalde e a súa equipa de goberno, e EU xa anuncia que van ser moitas máis as

decisións xudiciais que o ratifiquen. Polo tannto, EU afirma que o goberno municipal lucense é o consello de administración dos grandes construtores e empresarios da cidade.  

Esta sentencia amosa tamén a desidia dos distintos gobernos municipais, incluido o actual, que vinte anos despois da aprobación do Plan General de Ordenación Urbana (PGOU) foron incapaces ou non tiveron interés en desenvolver o terreo afectado. 

Aínda que nun principio a sentencia non contempla indemnización, EU quere sinalar que as decisións arbitrarias do goberno municipal, así como a súa incompetencia e inoperancia en importantes asuntos municipais de urbanismo, pero tamén outros como a política laboral, atacan directamente ao peto dos/as lucences. Millóns de euros dos contribuíntes van servir para pagar as actuacións neglixentes de Orozco e o seu grupo de goberno.

Relacionados