Ante a impunidade da extrema dereita

Esquerda Unida lamenta que de novo a violencia fascista disfrazada de siareiros actúa na capital co resultado dunha morte.

Esquerda Unida non entende como puido considerarse de “baixo risco” se existían evidencias de enfrontamentos anteriores e ameazas procedentes do grupo “Frente Atlético” e considera “papel mollado” a Ley contra a Violencia, o Racismo e a Intolerancia no Deporte’, ao abeiro destes actos que amosan unha clara “impunidade da extrema dereita” no ámbito futbolístico.

Esquerda Unida lamenta a morte do siareiro galego e pide a inmediata xuntaza do Observatorio da Comisión Estatal contra a violencia e o racismo, que leva 4 anos de inactividade para impulsar medidas preventivas e de sensibilización contra a violencia no fútbol.

 

 

Relacionados