Manu Pineda visita Galicia

Esquerda Unida, como organización internacionalista onde a Solidariedade, a Cooperación ó desenvolvemento e a Paz son eixos fundamentais da nosa presenza nos movementos sociais e nas institucións, ten una perspectiva universal que implica o apoio permanente ós pobos oprimidos. Por elo, impulsamos unha serie de actos de solidariedade co pobo palestino en varias cidades de Galicia durante esta semana.

ACTOS DE SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

Santiago de Compostela: martes 2 de decembro, ás 20:00 h. na Facultade de Xeografía e Historia, na aula 14, no 2º andar.

Lugo: mércores 3 de decembro, ás 20:00 h. na Cova da terra, situada na rúa das norias, 12.

Ourense: xoves 4 de decembro, ás 20:00 h. no Ateneo de Ourense, situado na Avda. da Habana, 25.

INTERVENCIÓNS DE:

Manu Pineda, activista pro dereitos humanos na asociación Unadikum e membro de IU, acude a Galicia co obxecto de relata-la experiencia vivida na Franxa de Gaza, tras permanecer alí como escudo humano durante varias semanas. Testemuña directa dos crimes cometidos polo exercito israelí contra a poboación civil na Franxa de Gaza, de onde acaba de regresar, apela a seguir coas movilizacións, cos actos de protesta e co apoio á iniciativa BDS (Boicot, Desinversión e Sanción) como ferramenta de presión contra Israel para acabar coa agresión e masacre do pobo palestino.

A compañeira de EU de Compostela, Noa Morales Sánchez, investigadora, que está a realiza-la súa tese sobre a seguridade cultural en Palestina e a destrucción so seu patrimonio, achegará información sobre os antecedentes e a situación actual en Palestina.

Ademáis deles, Elvira Souto e Fernando Blanco, integrantes de BDS-Galiza intervirán nos actos informativos.

 

Relacionados