Ante a situación das residencias de persoas maiores e dependentes, a xestión dos coidados debe ser pública

Nestes días vemos como Feijóo elude as súa responsabilidade no que á xestión das residencias de maiores se refire, actúa como se non coñecera a realidade destes centros, cuxas traballadoras xa teñen denunciado no Parlamento de Galicia con anterioridade ao Covid-19.

Galicia en Común-Anova Mareas denuncia o que xa o Consello de Contas advertía nos últimos informes: a falta de transparencia nos datos das residencias de maiores privadas así como a necesidade de expedientar ante a existencia de denuncias por falta de persoal e polas ratios que non chegan ao estipulado.

A Xunta de Galicia, coñecedora desta situación e a pesar das numerosas denuncias das propias traballadoras destes centros, non fixo nada para solventar estas situación. Diante desta realidade, é inadmisible que a acción fiscalizadora da administración pública se reduza simplemente a exercer a inspección e que non se procure correxir as deficiencias, o que provoca que a acción de fiscalización pública sexa nula na súa efectividade.

É unha necesidade aumentar o ratio do persoal de atención directa, diferenciar o persoal segundo as súas funcións por categorías profesionais, dar un uso adecuado ás instalacións e correxir os protocolos de funcionamento introducindo o rigor nos seus rexistros.

O goberno de Feijóo sigue sen actuar ante esta situación de desprotección, a súa inacción se converte en acusar ao goberno central para eximirse de responsabilidades.  A Xunta de Galicia debe asumir o control da situación, polo que:

  • Eiximos información veraz e non sesgada para as familias e información pública.
  • Dotación de máis persoal para atender a situación nas residencias.
  • Equipos de protección individual e test para poder afrontar a situación.
  • Esiximos unha xestión 100% pública dos coidados.

Enlace video Eva Solla

Relacionados