Apoio á folga xeral 14N

 

Esquerda Unida chama a cidadanía a secundar a Folga Xeral do 14N na defensa dos dereitos e liberdades das familias traballadoras, porque entendemos indispensable profundar na xeira de mobilizacións na defensa dos dereitos sociais e democráticos que a ofensiva do PP, logo da posta en marcha polo PSOE, está a ameazar.

Nesta loita sostida, EU avoga polo máximo grao de unidade por parte do sindicalismo de clase do noso país,  e polas entidades políticas e sociais que acreditan noutra alternativa política ás actuais directrices neoliberais.

O consello comarcal de EU convida á cidadanía a participar na faixa unitaria de Esquerda Unida – Os Verdes, Espazo Ecosocialista Galego e EQUO, na manifestación convocada polos sindicatos que sairá da praza da palloza o mércores 14 de outubro ás 12:00 h.

O conxunto de organizacións que participamos na faixa unitaria estamos certas de que unha vez máis, as mulleres e homes da Coruña van saír ás rúas para demandar na linguaxe veraz e formidable das rúas un futuro distinto e mellor, futuro que pasa inescusablemente polo fortalecemento da sanidade e o ensino como servizos públicos gratuítos, universais e de calidade, xestionados de xeito público directo.

O coordinador comarcal de EU César Santiso, indicou que “para non acabar como escravos temos que mobilizarnos contra os recortes sociais e o deterioro dos servizos públicos, porque hai alternativa”.

César Santiso afirmou que “nesta xornada de loita, pasarei a noite en vela participando, como outros moitos compañeiros de Esquerda Unida e dos sindicatos, nos piquetes informativos para dar a coñecer aos traballadores e traballadoras a necesidade de participar a Folga porque hai que paralos!

 

Relacionados