Apoio as mobilizacións cofrarías

 

A política da dinamita social do PP abre outra fronte de loita na que as reclamacións das confrarías teñen a xustiza da súa parte. Esquerda Unida defenderá a posición das confrarías diante da insensibilidade social da Xunta.

 

Esquerda Unida reclama neste contexto de moi grave crise económica e social  o mantemento do Plan de Dinamización alomenos namentras non se garanta condicións axeitadas para substituílo con garantías por outro procedemento. Plan de Dinamización e pagamento das débedas son condicións necesarias para a resolución do conflito.

 

O saneamento da ría supón agora sí un elemento estrutural clave para o futuro do sector. O cumprimento dos prazos marcados á Xunta e Ministerio e incluso a aceleración dos devanditos prazos son os factores que si axudarían nesta conxuntura a favorecer o emprego e a creación de riqueza, elementos dos que a ría xoga un papel protagonista. Xunta e Goberno do Estado teñen na súa man avanzar os tempos para conquerir o saneamento da ría.

 

O Grupo Parlamentar de EU reclamará no Congreso que o Ministerio de Medio Ambiente acelere os prazos para rematar as súas acción na parte norte da ría antes de 2018. Cómpre lembrar os incumprimentos das directivas comunitarias en materia de saneamento, que xa se atopan na Comisión de Peticións do parlamento europeo, ou sexa, que os  Gobernos da Xunta e do Estado son os responsables da infrautilización da ría para o sector marisqueiro.

 

A Consellaría pon todos os atrancos do mundo para dinamitar o emprego do sector: menos días para traballar á semana, fin do Plan de Dinamización, e incapacidade de depuración da batea…semella que o PP quere mandar para o paro a máis de 500 familias de Ferrolterra.  A cidadanía de Ferrolterra vai saber darlle resposta nas rúas cunha xeira de amplas mobilizacións das xentes traballadoras.

Relacionados