Así o investimento do concello en persoal ascende a 67.816.477 € o que supón un 23,8% do total do orzamento anual, mentres que na Deputación o devandito investimento supón tan só o 16% e iso que en ambos casos o Capitulo I de persoal inclúe os emolumentos de todo o persoal eventual, é dicir os asesores dos grupos políticos, que supón unha importante parte do dito capítulo.
Pero si os datos puidesen dar a entender que se deben á austeridade destes organismos, nada máis lonxe da realidade, pois o baixo investimento en persoal responde a unha perversa estratexia de externalización de servizos, moito máis custosa para a veciñanza, xa que logo, Esquerda Unida denuncia que o reducido investimento en persoal evidencia a estratexia privatizadora que tanto no concello como na Deputación da Coruña o PSOE está a desenvolver ca compracencia do BNG.
Lonxe de este tipo de políticas privatizadoras baseadas en deixar perder a eficacia dos servizos públicos, o consello comarcal de EU propón un Plan de Reorganización da Administración Coruñesa (PRAC) que permita mellorar a eficiencia dos servizos desenvolvidos á cidadanía, a través da optimización de recursos e a mellora da productividade do persoal, grazas a unha mellor e máis flexíbel organización do traballo na que se fomente o cooperativismo e o traballo en grupo en lugar da actual estrutura baseada nunha perversa pirámide invertida de mando que é sinónimo de ineficiencia e individualismo.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, expresou a necesidade de mellorar a capacidade da Administración Local para poder utilizar a súa capacidade de servizo como motor para a reactivación da economía local.
EU leva meses traballando no desenvolvemento do devandito PRAC que permitiría a creación de novos servizos para a cidadanía coruñesa, ao tempo que suporía un aforro de custos mediante a reducción paulatina de servizos externalizados. Nos próximos meses o presentará ás distintas organizacións sindicais para que o dean a coñecer aos traballadores e traballadoras do concello, para que dende a súa visión da praxes diaria desenvolvan achegas que o enriquezan.