Arranxo camiño no Birloque

 

Na dita Asemblea puido constatar as grandes necesidades en canto a dotacións, equipamento e infraestruturas básicas dun barrio que os seus veciños e veciñas pretende mellorar a través das ferramentas de participación cidadá que Esquerda Unida – Os Verdes pon a súa disposición.

 

Esquerda Unida denuncia o mal estado do camiño que comunica a rúa Félix acevedo coas pistas de padel non barrio do Birloque. Os días de choiva, agrávase a situación, facendo que sexa intransitábel debido a formación de verdadeiras charcas de auga que o fan intransitable. Doutra banda, os colectores alí instalados están rotos e algúns deles sen tapa, o que expón o lixo, xerando mal cheiro.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe o asfaltado e canalización do camiño entre a rúa Félix Acevedo e as pistas de padel, así como o arraxo dos colectores.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “semella inaceptábel que en pleno século XXI teñamos que facer este tipo de demandas para un barrio, está claro que na Coruña existen grande desigualdade entre barrios”.

 

Relacionados