Na dita Asemblea púidose constatar as grandes necesidades en canto a dotacións, equipamento e infraestruturas básicas dun barrio que os seus veciños e veciñas pretende mellorar a través das ferramentas de participación cidadá que Esquerda Unida – Os Verdes pon a súa disposición.
Esquerda Unida solicita ao Concello que dote a rúa Mon Basco de ramplas para habilitala para persoas con mobilidade reducida, xa que a zona dos baixos comerciais carece delas.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no vindeiro Pleno ao goberno municipal polas deficiencias en canto a infraestruturas e acondicionamento na zona da rúa Mon Basco no Birloque, ao tempo que propón mellorar a iluminación e transformar en aparcadoiro a zona abandonada xunto os baixos comerciais.
Por outra banda, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e quéixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas as iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio, antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.