Esquerda Unida – Os Verdes proseguen co seu formato de actos alternativo, nos que o protagonismo é para a veciñanza. Así, os asistentes en lugar de escoitar o tradicional mitin, participan activamente no acto, que comeza con a intervención de Luz Ponte, responsábel de comunicación comarcal de EU e terceira cabeza de lista e César Santiso, coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía.
O acto comezará coas intervencións dos poñentes que explica no formato da asemblea, os conceptos fundamentais da participación cidadá a través dos orzamentos participativos, asemade de repasar as principais propostas de goberno da coalición verdiroxa. Logo abrirase a Asemblea en formato mesa redonda con intervencións abertas a todos os asistentes e co compromiso de EU-V de asumir as propostas par ao barrio que democraticamente saian da asemblea, sempre e cando non choquen coa liña política da organización.
Deste xeito desenvolveuse a Asemblea de barrio Los Rosales celebrada o pasado luns, na que participou cerca de media centena de veciños. Durante o acto, que prolongouse por espacio de case dous horas debido ao interesante debate e o alto grado de participación da veciñanza, abordáronse diversos problemas do barrio, dos que EU-V tomou boa nota para defender en María Pita, a partires do 22 de maio.
Esquerda Unida emite os seus actos en directo a través de USTREAM, podes seguir dende aquí a Asemblea de Los Rosales