Touradas sen subvención pública

 

“A decisión do Goberno local é unha boa nova para os coruñeses e coruñesas que, a través das subvencións do Concello, estábamos a financiar un acto rexeitado pola meirande parte da veciñanza. Esperamos que esta medida se aplique tamén para o futuro”, declarou o voceiro de EU-V, César Santiso, quen achacou a decisión do Goberno municipal ao clamor popular en contra da subvención as touradas, “grazas ao traballo de información e concienciación desenvolvido polos colectivos antitaurinos como Galicia mellor sen touradas, que contaron coa nosa firme e decidida colaboración”. César Santiso lamentouse que tivese que vir un goberno conservador para eliminar as subvencións ás touradas que comezaron na época de Paco Vázquez e o BNG non foi quen de eliminar durante os catro anos de goberno bipartito, mais mostrou a súa satisfacción ao constatar que a mobilización da cidadanía organizada pode influenciar as políticas que están a desenvolver os nosos gobernantes”.

 

Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Goberno municipal a non ceder as instalacións municipais, que pertencen a cidadanía coruñesa, para o desenvolvemento das touradas.

 

Santiso finalmente indicou que si o Goberno local pretende ceder o Coliseum, antes deberá facer un referendum sobre as touradas para que os coruñeses e coruñesas, democraticamente, decidan sobre o tema. 

Relacionados