Logo da intervención dos candidatos para explicar as liñas básicas do programa, desenvolverase a Asemblea de barrio propiamente dita, na que a veciñanza toma o protagonismo para preguntar e debater sobre as propostas de EU-V, asemade de achegar propostas e suxestións a Esquerda Unida.
Este novedoso tipo de acto responde ao noso compromiso coa democracia participativa. Demandamos maior poder de decisión para a cidadanía. Desexamos que A Coruña avance cara unha participación cidadá real mediante a aplicación de orzamentos participatinvos para que os investimentos nos barrios sexan elixidos pola veciñanza que é quen máis coñecemento práctico ten sobre as súas necesidades. Así, superando o actual, obsoleto e oxidado regulamento de participación cidadá, as asembleas de barrio terían a potestade de asignar democraticamente orzamentos para as actuacións nos seus barrios, segundo uns orzamentos definidos polo concello e distribuídos segundo acorde o consello de barrios.
Porque moitos falan de participación cidadá, mais so de palabra. A nosa intención é demostrar que cumprimos o que décimos. Por iso, nos nosos actos públicos propoñemos desenvolver asembleas de barrio que permitan a veciñanza acadar experiencia neste fito participativo. Nesta ocasión os veciños e veciñas de Los Rosales definiran democraticamente as propostas que consideren necesarias para o seu barrio co fin que Esquerda Unida adquira un compromiso de cara a súa defensa e desenvolvemento, sempre que estas non sexan incompatíbeis cos valores que defendemos.