Ataque ao público que se compadece mal cos recorrentes privilexios para a concertada que lle dispensa o Goberno de Feijóo. No caso da FP a realidade que formula o PP supón a supresión de varias ducias de parzas de docentes no ensino e un desprazamento masivo de alumnado xa matriculado cara a outros centros, incluso fóra da súa localidade. Situación que empeora a prestación educativa e causa trastornos e gastos ás familias. O noso Grupo demanda do novo Goberno Municipal que defenda e ampare as reivindicacións da comunidade educativa cunha postura enérxica diante da Xunta de Galicia.
A Consellaría formula unhas medidas inadmisible tanto polo seu contido ( que merma a calidade do ensino público ) canto pola súa forma, comunicadas aos medios sen levalas aos órganos de negociación e sen debatelas coa comunidade educativa e formuladas cando remata o curso escolar e, xa que logo, a capacidade de reacción de anpas e profesorado diminúe.
A Consellaría acorda impor unilateralmente unha batería de medidas que lesionan o ensino público, ao empeorar a calidade, co aumento das ráteos, a mestura de alumnado de diferentes niveis educativos, coa acusada redución de profesorado ( ao que hai que engadir a práctica parálise do sistema de oposicións ao renunciar a Consellaría a formular unha convocatoria de oposicións que permita alomenos manter todas as prazas que agora se van amortizar chegando ate o máximo da taxa de reposición decretada polo Goberno do Estado ) e dinamitando os servizos dos departamentos de orientación, dos servizos bibliotecarios, etc., que restan desatendidos pola ampliación dos horarios para tarefas docentes do profesorado de primaria e infantil. Medida que racha co acordo de 8 de xuño de 2007 polo que se reducía o horario lectivo do profesorado do corpo de mestres de 25 a 21 horas lectivas para en troques adicar ese tempo ás seguintes tarefas: titorías, labouras de dinamización bibliotecaria, recursos TIC, convivencia escolar, millora da calidade educativa, entre outras.
Esquerda Unida quere expresar o noso apoio ás diversas iniciativas sindicais, sociais e políticas que se están a convocar en Ferrol e na comarca cara a enfrontar esta deriva incesante de ataques a un dereito constitucional. Esquerda Unida considera necesario desenvolver e pular a prol dunha acción de traballo unitaria cara a derrotar unha antipolítica que compromete o exercicio do dereito á educación pública que nos recoñece a Constitución e mailo Estatuto. As medidas de presión son necesarias para facer remudar á Consellaría na súa dinámica de ataques ao ensino público.