ferrol.gif - 5.79 Kb

Escolas infantís

 

As informacións son concluíntes e non deixan lugar á dúbidas: as familias que queren levar ás súas pequenas e pequenos ás escolas infantís públicas non teñen prazas abondo para elo, co que resta comprometido o dereito constitucional e estatutario á educación pública. 

 

Esquerda Unida considera  necesario sentar as bases para arranxar no máis breve prazo esta situación intolerable. Queremos lembrar neste senso e como primeira medida a esixencia de que o concello de Ferrol faga  valer diante da Xunta o pronunciamento favorable  da  Corporación ferrolá ao respeito da execución da escola infantil de Esteiro, que é un compromiso adebedado de hai anos. Cómpre que este novo Goberno Municipal faga valer o seu peso para que a Xunta cumpra coa nosa cidade neste campo.

 

Esquerda Unida reclama pois que se faga realidade a escola infantil para Esteiro, segundo os compromisos acadados na primavera de 2008 entre a Xunta e o noso concello.

 

A nosa organización considera necesario activar a mobilización social  para achegar unha solución plena neste eido, que permita desenvolver o planeamento suficiente para garantir que non haxa pais e nais que non poidan escolarizar na rede pública ás súas nenas e nenos. Hai que desenvolver un plano para a creación de escolas infantís na nosa cidade, que adoece hoxendía das prazas escolares suficientes.

Relacionados