Cabodano de Rosalía de Castro

 

A Voceira do Grupo, Yolanda Díaz, salienta a necesidade e conveniencia de que a  nosa cidade xogue un papel protagonista na divulgación e exaltación da nosa cultura e, en particular, dunha figura senlleira, da matriarca da nosa cultura, de Rosalía de Castro. Cómpre lamentar o silencio de morte do concelleiro de Normalización Lingüística neste eido e o seu absoluto desinterese.

 

Yolanda Díaz insta ao Goberno Municipal a cambiar de actitude e asumir un papel protagonista para producir no último cuadrimestre do ano un programa de actividades que permita achegar a figura e obra de Rosalía ao conxunto da nosa cidadanía.

 

Programa de actividades onde a nosa organización reclama que se elabore de maneira participada co movemento asociativo da cidade, en particular o vencellado á cultura galega.

Relacionados