Camiño do crego

Esquerda Unida denuncia as pésimas condicións nas que se atopa o “camiño do crego” que o converten en intransitable e perigoso para os viandantes que transitan pola zona a diario. Este camiño vai dende a rúa Simón Bolívar ata a praza de Nosa Señora dos Rosales.

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes insta ao goberno local a adecuar o denominado “camiño do crego”, a través dunha iniciativa plenaria tal e como solicita a veciñanza dos Rosales aval de 1000 sinaturas, na que tamén se pretende coñecer cales sos os motivos polos que aínda non se arranxou apesares de que dende a asociación de veciños levan anos esixindo o seu acondicionamento e saneamento sen obter unha solución efectiva ao problema. Así, ante tal inactividade e abandono por parte do Concello, decidiron presentar un escrito de solicitude de arranxo, de dito camiño, no Rexistro do Concello baixo o amparo de 1059 firmas de apoio que non recibiu resposta.

Non se logra entender tal apatía ante unha situación que pode provocar danos ás persoas que transiten o camiño  e, polo tanto, que require unha rápida e efectiva actuación por parte da Administración a fin de evitar posibles accidentes.

Finalmente, na mesma liña, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella contraproducente a inactividade do goberno municipal ante o deplorable estado dun camiño polo que transita a veciñanza para acceder aos colexios e ao centro de saúde, o Concello debe salvagardar os intereses dos cidadáns e a súa integridade física. Ante un problema de tales características esixiremos accións que poñan solución definitiva a tal despropósito”.

Relacionados