Pero o peor é que a crise e profunda e longa polo que este dato, en non moito tempo pode chegar a duplicarse, xa que logo, Esquerda Unida insta ao goberno municipal a asumir a súa responsabilidade e liderar, vertebrar e coordinar a loita contra a exclusión social. Porque as entidades que traballan neste eido, que están a desenvolver unha grande labor social, manifestan de xeito público que se atopan desbordadas por mor do incremento exponencial da demanda, non cabe dúbida de que xurde a necesidade de colaborar e compartir tanto recursos como iniciativas para dotármonos das ferramentas necesarias que permitan desenvolver de xeito integral políticas de inclusión social na nosa cidade.
Son varias as cuestións que semella necesario abordar para superar a inmediata atención de emerxencia como por exemplo aloxamento, alimentación, roupa ou ferramentas e axudas necesarias para que as persoas en exclusión poidan recuperar a súa vida. Algunhas destas cuestións son cubertas en maior ou menor medida polas entidades benéficas, máis estas por si soas non poden facer fronte, nin cualitativa nin cuantitativamente, ás potenciais demandas que se presentan nun próximo horizonte.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que o concello cree un centro de inclusión social que actúe como ferramenta troncal e permita despregar os recursos suficientes para unha acción integral a prol das persoas en risco de exclusión dando un formato coherente e integrador a todas as accións que se realicen na cidade.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non semella nin ético, nin responsable que os poderes públicos, deleguen a resolución deste grave problema ao bo facer das ONG, por tanto non chega con incrementar subvencións ás entidades benéficas, senón que o concello debe asumir a súa responsabilidade, porque o mantemento das condicións mínimas para desenvolver unha vida digna debe ser un dereito non unha esmola”.