ceas_s__harag1.jpg - 35.62 Kb

Comunicado CEAS-Sáhara

 

A súa reiteración daba a entender unha clara intencionalidade política de favorecer a discutible e irregular posición do Reino de Marrocos e así o mantemos coa responsable de Política Internacional do PSOE, Elena Valenciano, de quen seguimos agardando pacientemente unha resposta as nosas petición e propostas de entón.

 

Non deixan de sorprendernos recentes actuación e manifestación da Ministra de Asuntos Exteriores, nas que consideraba que merecía a pena ser prudente na defensa dos dereitos da poboación saharaui dando por boas as información que lle chegaban desde o Goberno marroquí

 

E isto, a pesar das detención ilegais e inxustificadas e das torturas que se produciron e se seguían exercendo, do asasinato dun xoven saharaui pola policía de Marrocos e sen que os informes de organismos internacionais de recoñecido prestixio –o último do Centro Robert Kennedy, denunciando o incremento dos abusos contra a poboación saharaui- teñan, polo menos, idéntico crédito para ela que as informacións do seu homólogo marroquí, avala a idea de que esa intencionalidade decididamente favorable á posición marroquí faise máis explícita e insistente.

 

Todavía nestes días pasados, nas datas nas que se realizaba o referendo de Sudán do Sur, no que 3,9 millóns de sudaneses e sudanesas foron chamados ás urnas, se permitiu valorar como inadecuada e sen condicións a posibilidade dun referendo sobre a autodeterminación do Sáhara.

 

Manifestación que teñen o seu refrendo nas accións diplomáticas que protagoniza estas últimas semanas con viaxes a Francia, Moscova e Estados Unidos, nos que pretende defender e xustificar as actuacións políticas de Marrocos, en apoio dunha negociación de mínimos que aparque a reivindicación do dereito á libre expresión do pobo saharaui. Esta mesma semana a ministra de Asuntos Exteriores entrevistouse, en Nova IorK, co Secretario Xeral da NNUU, Ban Ki Moon e co seu Enviado Especial para o Sáhara, Christopher Ross, así como coa Secretaria de Estado, Hillary Clinto.

 

Ó poñer en evidencia esta actuación queremos insistir no perigo que supón o que España avale acordos no Parlamento europeo e no español, amplificados polas declaracións de Parlamentos autonómicos e concellos no que o PSOE está presente o xoga un papel hexemónico, que non se corresponden coas actuacións ministeriais que, entendemos, rachan a chamada “neutralidade activa” e fan do noso Goberno un aliado da ditadura marroquí, compartindo non só intereses económicos e políticos se non tamén o mesmo desprezo polo pobo saharaui e os seus sufrimentos. Por se non os chegaba coas informacións de Wikileaks nese sentido aquí anotamos novas evidencias.

 

España abdica das súas responsabilidades como potencia colonial do Sáhara Occidental e pretende ratificar o engano que se practicou en 1975 cos saharauis, convertidos entón en reféns dos Gobernos de España e Marrocos. E con elo se deslexitima para xogar un papel que podría haber sido determinante na solución deste contencioso.

 

Un cambio de fondo na súa posición diplomática da que é abertamente responsable o Goberno Zapatero e a súa Ministra de Asuntos Exteriores e que a fai acredora a u premio, que estudaremos instituír, e para o que teñen as maiores posibilidades, o Engano do Ano co Pobo Saharaui

 

A desgraza neste caso é que o fai en nome de todos nós e non no propio

Relacionados