Consello de Mobilidade

 

Siutación debida a unha errada política municipal moi afastada da promoción do transporte público e a tradicional vida de barrio coruñesa que fomenta os desprazamentos curtos.

 

Esquerda Unida afirma que o Goberno municipal está a deixar correr o tempo diante das eivas en mobilidade na Coruña, fiando a mobilidade a un afastado e pouco críbel proxecto de instauración dun metro lixeiro.

 

O grupo municipal de EU-V propón a creación do Consello da Mobilidade para desenvolver dun plan integral de mobilidade universal e sostible (PIMUS) que resolva os grandes problemas de tráfico existentes na cidade. O devandito Consello da Mobilidade permitiría a veciñanza coruñesa e aos axentes económicos e sociais.

 

Consentes do grave problema de mobilidade da nosa cidade, o Consello Comarcal de EU Coruña leva meses desenvolvendo o devandito PIMUS baseado nun transporte público amplo, eficaz, económico, universal e sostible que permita a veciñanza desprazarse por toda a cidade con comodidade e puntualidade, ao tempo que evite a multitudinaria entrada de vehículos na nosa cidade mediante a creación de grandes aparcadoiros disuasorios, públicos e gratuítos, nas principias entradas da Coruña, que estean  perfectamente conectados co resto da cidade mediante transporte público, para evitar os xa habituais colapsos.

 

O Plan considera fundamental a ampliación do cadro de persoal da Policía Local así como unha mellora nas dinámicas de traballo que permitan incrementar radicalmente a súa eficacia para, así, facer cumprir a normativa municipal e loitar contra a dobre fila, auténtica praga en materia de mobilidade.

 

A execución do PIMUS, acabaría cos problemas de mobilidade na cidade, ao reducir o tráfico e, xa que logo, melloraría a calidade de vida, reduciríase a pegada ecolóxica e as emisións de CO2, principal gas causante do efecto invernadoiro e o quecemento global, ao tempo de converter A Coruña nunha cidade menos dependente do petróleo, fonte de enerxía que se está a esgotar.

Relacionados