manifa montes1.jpg - 55.86 Kb

Mobilización contra Lei de Montes

Esquerda Unida mobilizouse, unha vez máis, nas rúas de Santiago contra un novo ataque do PP.

 

Este sábado 9 de xuño, as rúas de Santiago de Compostela voltaron a estar ateigadas de xente que manifestou o seu rexeitamento ós ataques que o PP está a levar a cabo para desprestixiar a xestión comunitaria dos nosos montes. Demostrando o malestar maioritario das galegas e galegos coa política que se está a levar a cabo tanto dende a Xunta de Feijóo coma dende o Goberno Central.

Nesta ocasión, tal e como expuxo a Coordinadora Nacional, Yolanda Díaz, o goberno de Feijóo volve a atacar os intereses públicos, agora trátase do monte de mancomún, para acadar coa nova lei de montes a privatización e mercantilización do noso medio natural.

 

A executiva de Esquerda Unida oponse a este borrador de lei que, entre outras moitas cuestións, permite a forestación de terras agrarias, o que ten especial relevancia nun momento no que a lóxica da soberanía alimentaria e a sostibilidade ambiental.

 

Por todo isto Esquerda Unida apoiará a loita necesaria para conseguir evitar que a nosa terra prosiga a súa paulatina privatización de recursos naturais, e evitar a caída na nefasta especulación que como único fin terá a búsqueda do lucro privado e non o beneficio sustentabel da maioría. 

 

Relacionados