Comezou César Santiso indicando que Esquerda Unida considera que o goberno municipal volve a enganar á cidadanía subvencionando de maneira encuberta á feira taurina, “nos sempre rexeitamos que se subvencionen con cartos públicos espectáculos crueis cos animais que ademais non teñen aceptación entre os coruñeses e coruñesas”. Santiso subliñou que “a actitude do goberno municipal semella inaceptábel, pois utiliza unha triquiñuela, como sacarse da manga un concurso ecuestre como coartada para habilitar o Coliseum para as touradas a conta do Concello, é dicir con cartos municipais, é dicir de todos e todas”.
Santiso anunciou tamén que Esquerda Unida – Os Verdes desenvolve mañá ás 10:30 h. No circo de artesáns a convención provincial participativa con unha véntena de organizacións entre as que se atopan as antitaurinas Galicia Mellor sen Touradas e CAS Internacional coa presenza do deputado EU-V Ramón Sixto.
De seguido tomou a palabra Ruben Pérez quen afirmou que “é mentira que a feira tarurina autofinánciese” utilizando os datos de asistencia dos últimos anos e os importes das subvencións para argumentar a súa afirmación para o que tamén sinalou “que se presente ao concurso unha soa empresa é sinal do pouco interese que teñen as touradas na Coruña e as dificultades que observan as empresas para recuperar o investimento a pesares do agasallo do Concello porque establece un canón de 2.500 € polo uso dos tres días do Coliseum cando o aluguer diario para outros usos é duns 6.000 € diarios.
O sábado as 18:00 h. na sala The Room, na cidade vella, Galicia Mellor sen Touradas desenvolve unha conferencia internacional pola abolición da tauromáquia coa presenza do senador de ICV-EU Jordi Guillot xunto con expertos de Portugal, Holanda e Cataluña e o director de CAS Internacional. O acto que se desenvolverá na R/. Santiago 7 contará tamén cunha delegación de Esquerda Unida – Os Verdes encabezada por César Santiso.
Rematou a rolda de prensa Marius Kolff quen subliñou que a súa organización, a maior do mundo das que se adican a loitar abolición dos festexos taurinos nos países que se mantén esta actividade, conta con 12.000 socios, e participa na plataforma Galicia Mellor sen Touradas. Marius amosou a sorpresa que produce aos cidadáns europeos en Europa o conflito que supón desenvolver touradas nunha cidade turística, moderna e avanzada como A Coruña, “non podemos entender que unha cidade verde como A Coruña desenvolva touradas, moitos cruceiristas rexeitan os cruceiros que pasan pola Coruña cando se enteran que na cidade desenvólvense este tipo de actos crueis cos animais”.