Criminalización das protestas

O pasado 2 de xuño, Día do Medio Ambiente, a convocatoria a tradicional manifestación conmemorativa xirou sobre o tema que máis preocupa neste momento a ecoloxistas e cidadanía en xeral como é a minaría a gran escala como proposta económica para Galiza.

De xeito inesperado, o pasado 9 de setembro o colectivo Verdegaia que forma parte da plataforma ContraMINAcción organizadora das protestas, recibiu unha multa de 450 euros por supostos “destrozos coincidindo co paso dos grupos polos locais afectados”. Estes danos incluirían pintadas de temática diversa en locais comerciais e o lanzamento de dous botes de fume. Desde a plataforma de Defensa de Corcoesto pregúntanse porque a policía non actuou no momento xa que a denuncia dos feitos detallado supostamente se produciu diante dos axentes da policía. Por outra banda, o colectivo Verdegaia nega rotundamente as acusación e destaca que “ningún medio de comunicación reflectiu nada disto na moitas noticias publicadas o mesmo día  e nos seguintes”.

Alternativa Galega de Esquerda asegura que se trata dun intento da Xunta de criminalizar a protesta social intimidando e coaccionando a quen se opón aos seus destrutivos plans de levar a cabo proxectos mineiros a gran escala. Unha vez máis o goberno galego amosa a distinta vara de medir a hora de aplicar a lei para coas empresas mineiras estranxeiras ou para coa xente galega de a pé.

Relacionados