de la Fuente e as facturas

En primeiro lugar, consideramos inadmisibles e lamentables as verbas do concelleiro Francisco Noya, expoñendo que o que investigarán é a filtración, pero non a factura en sospeita porque a efectos económicos non ten relevancia.

Pode ser que para Feijoó o que acontece no Concello non sexa normal, o que é seguro é que para a maioría social da cidade a decadencia e o desprestixio ao que esta a levar o PP a Santiago é perxudicial ate para a mesma Democracia.

Por iso é incomprensible que o Partido Popular faga público o seu posicionamento, ante un novo caso de posible corrupción no seu partido e nas prácticas de goberno, a través do comunicado polo concelleiro Noya, que argumenta que o que realmente pode preocupar á cidadanía, e polo que ten que recabar información, é a filtración a un medio de comunicación da factura.

En que mundo vive este concelleiro??!! Esiximos ao señor Noya que asuma as súas responsabilidades políticas inherentes ao seu cargo e que investigue os diferentes procedementos administrativos levados a cabo polo concelleiro Juan de La Fuente; en caso contrario, debería renunciar ao cargo e deixar de desprestixiar ao Concello de Santiago.

En segundo lugar, o concelleiro Juan de la Fuente está amosando unha actitude contraria ás normas éticas que conleva o seu cargo, tal como demostrou coa súa neglixente actuación –e posterior xustificación- na rúa Virxe Branca, que provocou que mesmo María Pardo tivera que desautorizalo. As mañas de Juan de la Fuente feitas públicas nestes días amosan que non merece tampouco ocupar un lugar nas ringleiras do equipo que debe gobernar o concello.e debera, tamén, renunciar ao seu cargo. Esiximos que dimita de forma inmediata.

Todo demostra que o equipo de goberno non é quen de levar as rendas da administración pública máis próxima dos veciños e veciñas compostelás. Todo isto acumúlase ao que levamos denunciando desde hai meses. Son múltiples os indicios de malas prácticas. Precisamos hixiene democrática. A cidadanía debe poder decidir.

Relacionados