Día das migracións

Esquerda Unida, diante do 18 de decembro dia das migracións 2012, denuncia a represión do colectivo de persoas migrantes. Unha persecución que obedece a criterios políticos e que esta a estimular actitudes racistas e discriminatorias entre a poboación. Un racismo institucional que avanza coa exclusión sanitaria do colectivo migrante en situación de irregulaidade administrativa, despoxándoles dun dereito humano fundamental. Non chega con que a Xunta pretenda manter a asistencia deste colectivo cun programa específico, porque as limitacións do devandito programa impide o dereito a asisentcia sanitaria en condicións de igualdade co resto da cidadanía.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indico que “desexo que a nosa mocidade que teña que emigrar dispoña de maiores garantías e dereitos dos que outorga o noso Estado as persoas migrantes. Non so polos continuos recortes sociais e persecución que sufren as persoas migrantes, senón porque a propia Administración amosa unha total falta de flexivilidade diante das solicitudes de renovación de autorizacións de residencia e traballo.

Xa que logo, o Consello Político Comarcal de Esquerda Unida na Coruña chama a participares na concentración do dái 18 convocada polo Foro Galego da Inmigración diante da subdelegación de goberno ás 11:00 H. na que participará, entre outros membros do EU o seu coordinador comarcal e voceiro do grupo municipal de EU-V, César Santiso.

 

 

Relacionados