Dique da Cabana

O dique civil da Cabana, unha construción de incalculable valor histórico, con máis de 200 anos de antigüidade, está a sufrir dende hai anos, derrubamentos continuos no seu muro de contención, ante a impasible mirada do alcalde de Ferrol e da Xunta de Galicia, que consideran á zona rural como un Ferrol de segunda categoría, sen transporte público, cun saneamento deficiente e mantemento de estradas irregular.

Xa en 2008 solicitouse a inclusión do arsenal civil da Cabana no catálogo BIC de Patrimonio, tendente a preservar esta peza para a xestión cultural da xeografía histórica de Ferrol, solicitude que reiterouse no tempo, como en 2011, nunha reunión co Director Xeral de Patrimonio da entón concelleira Yolanda Díaz e do actual voceiro municipal Javier Galán, sen que o goberno do Partido Popular exercera a súa obriga como poder público de preservar o patrimonio cultural parte da historia da nosa cidade.

Javier Galán, voceiro municipal, que neste mesmo ano, volveu a incidir en Comisión de Obras na necesaria e urxente reparación do dique,  insta ao alcalde a poñer en valor a zona rural, e non centrarse exclusivamente en dilapidar os cartos do erario público en obras faraónicas que non melloran a vida da cidadanía e son puramente electoralistas, como a da Praza de España, e que amose respecto polo patrimonio histórico da cidade de Ferrol.

Relacionados