Encontro virtual coa militancia e simpatizantes

Este sábado pasado arrancamos un dos fitos máis importantes de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo, nas que Galicia ten a oportunidade de mudar o rumbo dun país privatizado e desmantelado tras unha década de Feijóo ao frente.

A militancia e simpatizantes é o verdadeiro motor de calquera campaña electoral e de calquera organización que queira gobernar. Esquerda Unida unha vez máis, preséntase ás eleccións autonómicas co convencemento de que a pluralidade é un dos piares do éxito, pero a militancia, o traballo e o compromiso son os nosos fortes.

Aquí podedes ver o encontro virtual que os referentes do espazo de Galicia en Común-Anova Mareas que son Eva Solla, Mariño Noriega e Antón Gómez-Reino mantiveron con toda a militancia e simpatizantes.

https://www.youtube.com/watch?v=-Miqg879G_o

Relacionados