Esquerda Unida asistirá aos actos conmemorativos no VI aniversario da traxedia de Angrois

Esquerda Unida manifesta de novo o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma das Vítimas do Alvia e súmase aos actos conmemorativos no VI aniversario da traxedia de Angrois, que terán lugar este 23 de xullo.

Seis anos despois da traxedia, vítimas e familiares seguen a reclamar unha investigación independente e o esclarecemento dos feitos acontecidos ese 24 de xullo de 2013, así como a depuración de responsabilidades a nivel xudicial e político.

Dende Esquerda Unida entendemos que a investigación independente ten que continuar, nun exercicio de democracia, e que é necesario levar a cabo un informe independente sobre as circunstancias que rodean a ausencia de seguridade no caso do Alvia a prol de reivindicar xustiza e verdade nun accidente que deixou 80 falecidos e 144 feridos.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia xunto con Noa Morales, coordinadora de Esquerda Unida Compostela, entre outros membros de Esquerda Unida, participarán este mércores 24 de xullo na mobilización que sairá ás 11h. da estación de tren de Compostela ata chegar á Praza do Obradoiro ás 12h.

Máis información, na páxina web da Plataforma das Vítimas do Alvia

 

Relacionados