Saímos ás rúas en repulsa do feminicidio de Vilalba e contra as violencias machistas

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación neste martes 23 de xullo nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista Galego en repulsa do feminicidio que tivo lugar en Vilalba.

Dende Esquerda Unida volvemos esixir políticas contundentes para rematar coa violencia exercida dende o patriarcado. Para a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, é fundamental facer unha “seria reflexión” sobre por que continúa “esta sangría de mulleres asasinadas, maltratadas e vexadas”, unha situación que ten lugar na sociedade patriarcal e machista na que vivimos, polo que precisamos “ter máis compromiso por parte das administracións á hora de frear o machismo”, así como “levar a cabo políticas de educación en valores de igualdade e en valores feministas”.

Na actualidade, as diferentes administracións levan a cabo medidas insuficientes para protexer ás mulleres e, os orzamentos destinados á igualdade, son escasos, polo que aínda queda moito por facer na loita feminista. En moitas ocasións, a  violencia machista só se visibiliza nos casos máis extremos, como por exemplo os asasinatos, cando xa é demasiado tarde. Fronte a isto, dende Esquerda Unida lembramos que a violencia machista é responsabilidade da sociedade no seu conxunto e, de non por medidas serias contra a violencia patriarcal, os asasinatos seguirán producíndose.

Por todo isto, lembramos que as institucións deben abordar o machismo dende unha forma integral, por medio de políticas de prevención, sensibilización e detección, facendo fronte ás estruturas patriarcais aínda enraizadas na sociedade.

Todas as concentracións:

Relacionados