Esquerda Unida súmase á mobilización organizada polas Marchas da Dignidade, que terá lugar mañá sábado 24 ás 12h. no Obradoiro, e que contará coa presenza de Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, Eva Solla, Ramón Vázquez e Juan Fajardo, membros da dirección de Esquerda Unida e deputados de AGE.
Por que #Imos24O?
Dende Esquerda Unida cremos que todas as persoas teñen dereito a ter cubertas as necesidades básicas, ademais, tentar resolver os grandes problemas da inmensa maioría é, para nós, unha obriga. Por iso o #24O, #Imos.
Mobilización das Marchas da Dignidade
Hora: Ás 12.00 horas. Data: Sábado, 24 de outubro. Lugar: Praza do Obradoiro (Santiago). Acuden: Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, Eva Solla, Ramón Vázquez e Juan Fajardo, membros da dirección de Esquerda Unida e deputados de AGE. |