Estatua Franco

 

 

A nosa organización quere lembrar a tardanza en facer cumplir un precepto da lei que ten máis de dous anos e que alcaldía anunciou – a partires dun pronunciamento  e moción deste Grupo Municipal – que resolvería en  5 minutos.

 

Se tardaron meses para a retirada unha vez feito o anuncio, aínda se deixaron restos do testamento do ditador, da base do monumento, esparexidos polo solo, se empregaron  lonas para agochar un símbolo dun tempo ominoso… semella que as cousas se fan tarde mal e con pouca vontade tanto de cumplir a legalidade canto de recoñecer e valorar, con estas accións, aos que o deron todo para combater á ditadura.

 

Non se recupera a memoria histórica agochando tarde e mal os vestigios da ditadura, lembra a Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz.  As cosas da a impresión que se fan como obrigadas, con desgana, e así saen os resultados. A estatua é unha peza voluminosa que somentes estorba, que nada aporta no eido artístico e que non se sabe onde gardala para sempre.

 

O noso Grupo Municipal reclama, xa que logo, do Goberno Municipal que faga as cousas ben, aínda que sexa por unha vez, e proceda a fundir a estatua e convocar un concurso para co material fundido elaborar un monumento aos loitadores e vítimas da ditadura.

Relacionados