Esquerda Unida apoia a folga dos sindicatos que terá lugar mañá, xoves 15 de decembro, en toda Galicia coa fin de mudar o escenario do noso país e pular por diferentes demandas baseadas na recuperación dos nosos dereitos, tales como un emprego de calidade, salarios dignos, pensións sostibles, garantías de poder adquisitivo para a cidadanía, así como unha prestación de ingresos mínimos para combater a desigualdade social.
Dende Esquerda Unida sabemos que esta situación pode ter solución e que, dende as rúas, podemos facer destas loitas unha ferramenta para mudar a realidade do país. É por iso que dende EU chamamos á participación activa nestas mobilizacións a prol da recuperación dos nosos dereitos.
Lugares e datas:
– A Coruña: manifestación ás 20 h desde a praza da Palloza ata a Delegación do Goberno.
– Ferrol: manifestación ás 20 h desde a praza de España ata Os Cantóns.
– Santiago de Compostela: manifestación ás 19:30 h ao redor do Parlamento de Galicia.
– Lugo: concentración ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno.
– Viveiro: concentración ás 19:30 h diante da oficina de turismo.
– Ourense: concentración ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno.
– Vilagarcía de Arousa: concentración ás 19 h na praza de Galicia.
– Pontevedra: concentración ás 12 h diante da Subdelegación do Goberno.
– Vigo: manifestación ás 20 h desde a Vía Norte ata o edificio da Xunta (Concepción Arenal).