EU comparte con Podemos a análise política da situación actual e destaca a importancia de unión nun proxecto e nun programa común

Concretamente, dende Esquerda Unida recalcamos a importancia de que todas as forzas de ruptura participen nun proxecto común. Para que isto sexa posible, continuamos cos contactos co resto de colectivos e formacións para levar á práctica a construción dun bloque político e social capaz de desaloxar a Moncloa e derrotar ao goberno do PP.

Esquerda Unida entende a unidade popular como único camiño para vencer as políticas bipartidistas e austericidas que condicionan o futuro das persoas, esta é a tarefa na que Esquerda Unida está traballar co obxecto de sumar para multiplicar e acadar un cambio real.

Compostela Aberta, Ferrol en Común  ou Marea Atlántica son exemplos de que a unidade popular é o que demanda o pobo e que naceu para quedarse e mellorar as cousas.

Relacionados