Apoio as cofradías

 

As consecuencias para o emprego e de carácter social requiren unha intervención inmediata da alcaldía para forzar a negativa vontade política da conselleira de mar. Os centos de postos de traballo en xogo, os atrasos que se reiteran no pagamento aos pescadores e pescadoras, o cadro social que se deriva desta situación traumática son razóns suficientes para que se produza unha acción concertada de todas as forzas políticas en defensa do emprego e da  ría.

 

EU vaise facer eco mañán no Pleno ordinario desta problemática e vai reclamar do Goberno Municipal que se poña de lado de Ferrol, que atenda aos intereses das traballadoras e traballadores do mar, e que esixa unha rectificación da Consellaría do Mar, que abra  unha saída negociada coas confrarías, e desta maneira cancele a senda da imposición unilateral na que agora nos atopamos.

Relacionados