reunion ovep.jpg - 6.54 Kb

EU reúnese con “Outro Vigo é Posible”

 

Asistiron  Rubén Pérez, candidato de EU ás vindeiras eleccións municipais, Eva Solla, nº2 da candidatura, e Manuel Garrido, responsable da Área de Movementos Sociais. Por parte de “Outro Vigo é posible” acudiron Esteban, Rosario e Alexandre.

 

Os membros de “Outro Vigo é posible” presentaron o seu “Decálogo de Xestión para o Concello de Vigo”, valorado positivamente polo candidato Rubén Pérez, que sinalou que EU coincide en gran medida con varias medidas de dito decálogo, tales como a necesidade de redacción dun novo PXOUM que incumple claramente o informe AUKEN presentado no Parlamento Europeo no ano 2009.

 

Igualmente, Rubén Pérez sinalou coincidencias na necesidade de descentralizar o municipio; a oportunidade de instaurar uns presupostos participativos; a urxencia de implantar de maneira efectiva a Área Metropolitana, renegociando os servizos, sendo preferentemente de carácter público…e tamén que é menester para a cidade contar cun tranporte público sostible, diverso e eficaz entre outros puntos.

 

Por último, EU Vigo felicitou a labor da asociación Outro Vigo é Posible e invitounos a seguir colaborando na elaboración colectiva do programa de EU Vigo de cara as municipais

Relacionados